Actuación no ámbito social 2026, subvencionada pola Deputación de Pontevedra a entidades sen fins de lucro.
Desenvolvemento de accións encamiñadas á procura do benestar persoal e recoñecemento social a través da realización dun seguimento e acompañamento a persoas con diversidade funcional, no ámbito da orientación prelaboral e laboral, co fin de lograr a preparación e capacitación para a vida autónoma e para unha inclusión e normalización positiva na sociedade.

