«Fuenteovejuna» Grupo Teatral Méndez Núñez

O grupo teatral Méndez Núñez formado por persoas con capacidades diferentes presenta unha breve posta en escena da obra de Lope de Vega “Fuenteovejuna” e de cómo chega o seu significado aos nosos días.

Este grupo teatral promovido pola Asociación de discapacitados intelectuales Virgen de la O, pretende romper estereotipos en defensa da igualdade e da participación de todas as persoas.

A estrea terá lugar o día 29 de outubro ás 18:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Entrada gratuíta

Scroll al inicio