Subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para financiar os custos do persoal das unidades de apoio á actividade dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro coa finalidade de contribuír á creación dunha sociedade máis inclusiva e igualitaria, onde as persoas, independentemente da súa capacidade, teñan acceso a oportunidades laborais dignas e satisfactorias.
