Actividades: Proxecto de adaptación do servizo integral para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral de persoas con discapacidade intelectual, en tempos da COVID

Ampliar PROXECTO ENMARCADO NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E ESTA ENTIDADE, PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E DE PREVENCIÓN E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA, ANO 2021  PROXECTO ENMARCADO NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E ESTA ENTIDADE, PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E DE PREVENCIÓN E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA, ANO 2021  

Co presente proxecto lévanse a cabo todas as accións necesarias para adaptar o servizo integral que prestamos, para o desenvolvenento persoal, social e prelaboral a persoas con discapacidade intelectual, ao novo contexto  da situación epidemiolóxica relacionada coa infección ocasionada polo virus SARS-COV-2 (COVID 19).

Ditas accións desenvólvense no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.


OBXECTIVOS


Cumprir o plan de acción e tomar todas as medidas específicas dirixidas á vixilancia, prevención e control no contexto da situación epidemiolóxica relacionada coa infección ocasionada polo virus SARS-COV-2 (COVID-19).

Continuar mantendo un servizo integral de calidade.

Priorizar a autonomía persoal para levar a cabo medidas de protección e hixiene nos momentos que precisa unha pandemia.

Fomentar a expresión dos sentimentos que xorden nesta situación.

Adaptar a programación ás novas necesidades e medidas preventivas en materia de saúde pública: grupos de burbullas, contidos, metodoloxía, ...



 

Galería de Fotos
Ampliar Imaxe de actividades realizadas



Condiciones de Venta   |  Méndez Núñez © 2010 Aviso Legal