Actividades: OBRADOIRO DESEÑO E ELABORACIÓN DE PRODUTOS PROPIOS EN MADEIRA

Ampliar PROXECTO DE CONTINUACIÓN  PROXECTO DE CONTINUACIÓN  

No 2020 lévase a cabo o proxecto de continuación do obradoiro de produtos en madeira, no que se empregan novos instrumentos de traballo e novas técnicas buscando manter e desenvolver as aprendizaxes e as destrezas conseguidas co anterior proxecto. 

Os obxectivos establécense tendo en conta as competencias, expectativas e necesidades individuais de cada persoa atendida ao longo do ano 2020:
• Realizar produtos artesanais e de calidade.
• Fomentar a saída e integración laboral de persoas con discapacidade.
• Implicar a persoas con diversidade funcional en tarefas que achegan un beneficio tanto persoal como social.
• Fomentar a autonomía persoal.
• Desenvolver:
◦ As capacidades: expresivas e creativas.
◦ Actividades de socialización e cooperación.
◦ A autonomía de persoas con discapacidade a través dos obxectos elaborados por eles, con boa aceptación no mercado.
• Gozar co esforzo e o traballo ben realizado.
• Fomentar destrezas da psicomotricidade fina e grosa.

Galería de Fotos
Ampliar Colaboración da Deputación de Pontevedra Ampliar Imaxe do Obradoiro



Condiciones de Venta   |  Méndez Núñez © 2010 Aviso Legal